FONDO

viernes, 20 de diciembre de 2013




BICOS DE NADAL, PARA AGASALLAR.
BICOS DE NADAL, QUE DULCES ESTÁN.
BICOS DE NADAL, QUE SABEN CANTAR.
BICOS DE NADAL, POLO CEO A VOAR.
BICOS DE NADAL, NOS PETOS GARDAR.
BICOS DE NADAL, UN CENTO NAS MANS.
BICOS DA NADAL, OS CORES DO MAR.
BICOS DE NADAL, POLO AIRE SE VAN.
BICOS DE NADAL, DE NUBES E SAL.
BICOS DE NADAL, REDONDOS  SERÁN.
BICOS DE NADAL, DE MAMÁ E PAPÁ.
BICOS DE NADAL, ¿ ONDE ESTÁN…?


Eiqui vos deixo un vídeo que mola moito. Disfrutádeo.



Para velo vídeo, utilizade o Google Chrome. Éste ten sonido, prema no altavoz para escoitala música.

  Sede felices!!! non deixedes de cantar...

jueves, 5 de diciembre de 2013

PROXECTO:OS FROITOS SECOS E OUTROS AMIGUIÑOS/AS

Coa chegada do outono, os nenos e nenas de 5 anos (Confetis e Trasnos Máxicos) estabamos tan emocionados que acordamos investigar sobre esta alaranxada, amarela, marrón...estación. 

Démonos conta de que había moitas cousas que xa sabiamos, e outras que..non tanto!, polo que axiña nos puxemos mans á obra facendo especial fincapé este ano nos froitos secos e as súas amigas as froitas.

  Coa súa posta en marcha: descubrimos, analizamos, propoñemos, investigamos en diversas fontes...

  Como xa estamos a piques de rematar este proxecto, aqui vos mostramos as nosas achegas e producións.

Facendo clic poderán velas



Para rematar, queremos agasallarvos a todos vós co poema de outono que nós mesmos/as inventamos:

Outono, outono
que segredos gardas?
moitas folliñas e ricas castañas

Outono, outono
e que máis nos podes dar?
biquiños de vento para vos namorar




e o seguinte enlace a esta canción:

http://www.youtube.com/watch?v=qRa7Dw2Ekn4


domingo, 1 de diciembre de 2013

Celebracións outonais



Volve xa o outono,
na escola temos o magosto,
os cantos xunto a fogata
ó máxico son da gaita.

Volven as folliñas
lixeiras e secas
fatigadas de troular
a tapizar o chan dos parques

Volven os amigos,
xuntos a escoitar
a música de Mozart
o piano non deixa de soar.

Enredando cas folliñas
descubrimolo land art,
adornámolos pasillos
cas cousas que fixemos a man.

Pinchade na imaxe e veredes...


jueves, 7 de noviembre de 2013

SAMAÍN




           ¡¡¡  VAI DE VAMPIROS  !!             


“FESTA  DO  MEDO”- O SAMAÍN  2013  

   Ao longo da historia en numerosas culturas apareceron diversas crenzas sobre vampiros, tanto na súa mitoloxía comono folclore de pobos moi diferentes entre si. Culturas como a mesopotámica, a xudía, a grega e a romana inclúen dentro das súas mitoloxías contos acerca de entidades demoníacas  que se consideran precursores dos vampiros modernos. , nos que conflúen diversos MEDOS, sobre todo á escuridade oua enfermidade.

O Samain é a nosa festividade de orixe celta máis importante,na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro se celebraba o final da tempada de colleitas coas festas do medo. Hoxe en día, séguese celebrando ano tras ano o Samain galego en gran parte de cidades e pobos de Galicia, talando caveiras e disfrazádonos de persoaxes e animais reais ou inventados para asustar a grandes e pequenos.
 POLO QUE , PARA CELEBRAR “O SAMAIN” CON MEDO, MOITO MEDOOOOO... 
OS VAMPIR@S E OS SEUS AMIGOS ENCHERON A
ESCOLA: DE SONS…., DE OSCURIDADE….,
 DE MEDO…, DE RISAS…, DE RITUIAIS…,
DE SONRISOS…, DE  BERROS…,
DE CANTIGAS, MOITAS CANTIGAS PARA…
“ESCORRENTAR OS MEDOS”.

ATA AS NOSAS AMIGAS “DONA VICTORIA” E  A “ESTRELA XELA” VIÑERON DISFRAZADAS DE VAMPIRAS A NOSA FESTA DO MEDO



QUE FOI…


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own