FONDO

domingo, 16 de febrero de 2014



Na nosa escola levamos acabo un proxecto sobre avoas e avós, para achegar ás nenas e nenos ao mundo da terceira idade (traballando asi os valores do coidado, o respeto...); actualmente por desgraza a presenza das persoas maiores nos fogares é menor, as vivendas son cada vez máis pequenas...situacións que non nos permiten disfrutar dos nosos maiores como se merecen.

  Durante a realización deste proxecto, avoas e avós do noso alumnado visitaron a nosa escola para compartir con nós os seus talentos (cantar, pintar, xogar ao trompo, á petanca, calcetar, contar contos...); a continuación, mostramos unha pequena presentación coas fotos destes inolvidables momentos ademáis de outras actividades que fixemos relacionadas coa temática.




Como colofón ao noso proxecto, pareceunos unha moi boa idea visitar outras avoas e avós, que ainda que non fosen os nosos, tamén necesitan dos nosos agarimos, bicos, abrazos, debuxos...agasallos inmateriais pero que en definitiva son os que nos fan verdadeiramente felices a maiores e a pequenos.

Aqui lles deixamos unha mostra desta visita, e a continuación, o enlace ao programa da TVG "A revista" onde poden ver tamén unha reportaxe sobre a mesma:


ENLACE Á REPORTAXE DE "A REVISTA" (MIN. 57)


Por último, queremos dar o noso máis sinceiro agradecemento a:

Todas as avoas e avós dos nosos nenos e nenas e ás súas familias por colaborar no envío de documentación
Aos papás do noso alumnado que nos axudaron coa música, fotografías e vídeo da visita á residencia
Á residencia SANTA MARTA por abrirnos as súas portas e deixarnos compartir a preciosa xornada
Á TVG por axudarnos a difundir as nosas actividades
Ao CONCELLO DE VIGO pola sùa colaboraciòn
À empresa de transportes GALISUR

A TODOS E CADA UN DE VÓS...

MOITAS
 GRAZAS