FONDO

lunes, 26 de mayo de 2014

PROXECTO SOBRE DUBLIN

    Dende o obradoiro de inglés, neste trimestre fixemos un sorteo entre varios países de fala inglesa para elaborar un proxecto.
   Unha man amiga escolleu o país Irlanda e centrámonos na súa capital.
   Viaxamos pola web e adentrámonos na súa cultura e descubrimos moitas cousas novas que antes non sabíamos.

     Queredes saber cales foron?  
            Pulsade o botón e aprendede con nós.

lunes, 19 de mayo de 2014

PROXECTO E VISITA: AS ABELLAS


    PROXECTO SOBRE AS ABELLAS E SAÍDA EDUCATIVA A APÍPOLIS


  A finais do mes de abril, coa chegada do bo tempo e a presenza dos bechiños propios desta época do ano...xurdiu en 5 anos o interese por investigar AS ABELLAS.

Sen máis dilacións puxémonos mans a obra!





Deixámosvos ademáis un precioso documental no que poderán repasar as principais características destes insectos







miércoles, 14 de mayo de 2014

FESTA DOS MAIOS 2014



       DAN COMENZO OS MAIOS
       EU VEÑO A CANTAR
       SOMOS OS CONFETIS E OS TRASNOS 
       DISFRUTANDO ANO TRAS ANO.

       DAN COMENZO OS MAIOS
       EU VEÑO A CANTAR
       SOMOS OS PEIXES E CARACOIS
       MOI SALADOS BAILAMOS. 

       DAN COMENZO OS MAIOS
       EU VEÑO A CANTAR
       SOMOS AS ARAÑAS E BOLBORETAS
       DEBUTANDO NESTA FESTA TRADICIONAL

                "LEVÁNTATE MAIO 
                  QUE TANTO DURMICHES
                     CHEGOU O CUCO
                         E TI NON O VICHES"


AGRADECER AS FAMILIAS A SUA COLABORACIÓN
SEN VOS  ESTA FESTA NON SERIA POSIBLE